Exercicios posparto, con bebé incluido, en Coia

26/09/2016

A partir do 1 do outubro o centro Máis que Auga de Coia contará cunha nova actividade de  recuperación postparto, indicada para despois do puerperio. As clases se impartirán todos os xoves ás 11 da mañá e terán unha duración de 45 minutos, nos que se realizarán exercicios destinados á recuperación do solo pélvico e a cintura escapular. O obxectivo desta actividade é axudar a contrarestar os desequilibrios musculares producidos polos cambios anatómicos do embarazo.

 

Nesta actividade poderán inscribirse tamén  bebés de 2 a 6 meses, ofrecéndolles ás nais  dúas posibilidades: acudir soas , e así disfrutar do seu tempo para cuidarse, ou  levar con elas aos seus fillos. Mentres as nais fan os exercicios  os nenos poderán estar tranquilamente nos seus  cucos ou nas colchonetas . Os bebés poderán participar na  parte final da clase na que se inclúen  exercicios  de relaxación, aplicándolles masaxes que, entre outros efectos, axudaranos a alivar os cólicos. Todas as interesadas nesta actividade poden apuntarse xa na recepción do centro.