Mujer haciendo estiramientos en gimnasios Vigo

Estírate e espabila o corpo!

12/02/2017

Stretch é unha palabra inglesa que empregamos en tódolos ximnasios cando nos referimos ás clases de estiramento. Stretch tamén significa desperezarse. Esto é o que facemos nas clases de stretch de Máis que Auga Coia: desperezar todo o corpo, espabilalo e liberalo das tensións que imos acumulando día a día. O stretch ou estiramento é fundamental para combatir os efectos negativos da vida sedentaria que levamos a maioría.

Durante os 45 minutos que duran as clases, a nosa técnica Eva Sánchez exercita diferentes niveis de estiramentos: suaves (para ir mellorando pouco a pouco a flexibilidade) e globais , a través das cadenas e as fascias musculares. Na actividade de stretch tamén se traballa a neurodinamia (que consiste no estiramento do sistema nervioso)  sen esquecer  a respiración e a relaxación.

A práctica do stretch axuda a previr dores de espalda e contracturas musculares. Estirando tamén combatimos a rixidez dos músculos e as articulacións

Horarios de stretch Máis que Auga Coia (gratis para socios):

  • Luns: 11.30 horas  e  18.45 horas
  • Martes: 18 horas
  • Mércores: 11.30 horas
  • Xoves: 17.15 horas
  • Venres: 19.00 horas

Xa ves que tes un amplo abano de horas e días para poder programarte. Así que non hai excusa posible: ademáis é de balde porque é unha actividade que entra dentro do abono.