Este verán goza do mellor campus multideporte en Máis que Auga

18/07/2018

O Campus de verán Máis que Auga é a mellor oferta multideporte da cidade e agora incorpora novidades interesantes para os usuarios. O noso campus ofrece aos pais e nais interesados a máxima flexibilidade de períodos e horarios na contratación. E agora ademais os usuarios poden fraccionar o prezo:

  • Consulta ao final desta entrada as tarifas para o Campus de verán Máis que Auga ou Máis que Peques segundo a idade do teu fillo ou filla.

  • Elixe o período que che interese, por semanas, quendas ou mes completo.

  • Á hora de efectuar o pago ti decides se queres fraccionalo ou non. Só tes que facer un ingreso ao contratar o servizo e establecer dúas ou máis cotas ata o vencemento do servizo contratado.

O campus multideporte, en Barreiro e Navia, ofrece aos nenos e nenas a ocasión de gozar dun variado plan de actividades e xogos nas mellores instalacións e cun equipo de técnicos profesionais. Piscina, pádel e salas de multiactividade son o escenario perfecto para a diversión dos máis pequenos.

Máxima flexibilidade no pago, nas actividades e tamén de horarios para promover unha auténtica conciliación.

  • En Barreiro, desde os 4 aos 14 anos de idade, os teus fillos poden gozar do Campus multideporte desde o 22 de Xuño ata fin de Xullo.
    Os horarios de 9.30 a 13.30 horas poden ampliarse coa opción do Madrugadoiro (desde 8.00 horas) e o Mediodía (ata as 15.00 horas). Neste último caso, os rapaces deben traer a súa fiambreira co xantar.

  • En Navia tes dúas opcións:
    O Campus multideporte para rapaces e rapazas de 7 a 14 anos, desde o 22 de Xuño ata o 7 de Setembro. Os horarios, como en Barreiro, de 9.30 a 13.30 horas, coa opción de ampliar horario co Madrugadoiro (desde 8.00 horas) e o Mediodía (ata as 15.00 horas).
    O Campus Máis que Peques, para nenos e nenas de 3 a 6 anos, do 22 de Xuño ao 7 de Setembro. O horario é o mesmo que para o campus multideporte e tamén existe Madrugadoiro e Mediodía.

Ven aos nosos centros de Barreiro ou Navia e infórmate do plan que máis che interesa: diversión para os teus e tranquilidade para ti, porque Máis que Auga está pensado para ti.

Preguntas frecuentes

Os horarios do Campus dan cobertura total aos pais que traballan? Podo entrar antes ou saír despois?

Si. Os horarios do Campus están pensados para dar a máxima cobertura durante as mañáns entre 9.30 e 13.30 horas. Pero temos dispoñibles as opcións Madrugadoiro (desde as 8.00 horas) e Mediodía (ata as 15.00 horas) para facelo máis flexible.

O meu fillo ou filla ten que levar a merenda?

Si. A merenda non está incluída no prezo de inscrición. Pero si poden traer a merenda de casa e dispoñemos de instrumental para quentar o que precisen ou gardar cousas frías.

Ten que levar roupa de reposto?

Si. Nun espazo pensado para a diversión e o deporte, é convinte dispoñer de roupa axeitada: unha gorra para o sol, calzado deportivo son elementos imprescindibles.

Ademais da merenda e a roupa hai algún complemento recomendable?

Si. O Campus multideporte é un espazo para a acción: no verán é importante que os participantes traian a súa botella de auga para refrescarse.

Hai algún material deportivo que teña que levar da casa?

Non. Todo o material que precisan para facer deporte como pelotas, raquetas, e demáis, está dispoñible nas instalacións.

Precisamos enviar o equipo da piscina?

Si. Para acceder á piscina nos días que está prevista esta actividade, é necesario traer traxe de baño, gorro e chanclas, e ademais é recomendable o uso das gafas. Consulta o horario para saber que día ten piscina.

Están previstas actividades no exterior do centro?

Non. Tanto o centro de Barreiro como o de Navia dispoñen dunha gama moi ampla de actividades deportivas no interior dos centros para cumprir as expectativas dos rapaces. Ademais ambos teñen espazo para gozar desas actividades ao aire libre.

Todo o que van facer é deporte?

Non. Nos Campus de verán Máis que Auga combinamos a actividade deportiva e a lúdica, introducindo toda a variedade de xogos necesarios para estimular a mellor experiencia da diversión en gtupo. Ademais consultamos e temos en conta as súas preferencias para manter un equilibrio nos grupos.

Actividades niños vigo Campus de verano Mais que Auga