Este Nadal regala unha experiencia nos nosos ximnasios en Vigo

Estás disposto a deambular un ano máis coma alma en pena buscado un regalo para a túa irmán, o teu cuñado, a túa sogra ou o teu sobriño? Estás disposto a ver o esforzo que fan cando te din eso de “encántame é xusto o que estaba buscando” e ti sabes que unha vez máis non acertaches?

Nós propoñémoste que deixes esa tortura e posterior frustración a un lado e optes por regalarlle unha experiencia nalgúns dos nosos ximnasios en Vigo. Este Nadal aposta por regalar benestar e saúde. Non esquezas que o máis importante é agasallar a quen queres cun regalo orixinal, que non se espere e que lle permita probar algo novo: e todo está dentro da nosa caixa regalo que podes comprar en calquera das tres recepción de Coia, Navia ou Barreiro.

A caixa regalo Máis que Auga ten dentro unha pulseira que funciona do mesmo xeito que un bono regalo. Dende 16,30 euros tes tres opcións diferentes:  M Q A (Mímate,  Quérete, Actívate ) para escoller entre a que máis che guste ou a que consideres que máis encaixa coa persoa a que lla vas regalar. Calquera das tres opción é válida para os nosos tres ximnasios en Vigo.

Mímate: Unha sesión de spa, máis unha hora de masaxe relaxante (Deportivo, Kobido, lomi-lomi) por 39.65 euros

Quérete: Unha clasea escoller entre ioga, tai chi, ou pilates e unha sesión de spa por 16.30 euros

Actívate: Un abono de 3 meses no que non se cobra matrícula.

Non crees que esa persoa que está tan preto de ti se merecee que a mimes, a queiras e, por qué non, tamén a actives? Pois daquela non o dubides achégate a calquera dos nosos ximnasios en Vigo e pide aos nosos compañeiros de atención ao cliente unha destas caixiñas que, aínda que pequena, garda tanto dentro. Seguro que acertas!