‘WodfitGames’, a enerxía concentrada para o FestiMáis solidario

No FestiMáis, a festa solidaria con deportes e actividades familiares, que Máis que Auga organiza en Navia o día 30 de xuño en beneficio da asociación Bicos de Papel, os WodfitGames serán protagonistas da tarde.

Os usuarios dos box de Máis que Auga en Barreiro e Navia saben por experiencia que o esforzo concentrado da actividade do wodfit é un xeito de adestramento singular e eficaz. Se aspiras a estar en forma para participar en probas esixentes de obstáculos, trails e demais, as series de exercicios medidas e variadas do box son o paso necesario.

Para participar nos WodfitGames tes que inscribirte nos centros de xeito individual pero para inscribir aos equipos participantes, independentemente de que os seus membros participen ou non na proba individual, hai que facelo neste enlace:

As probas

  • Proba individual 1: un circuíto de tres exercicios ao que hai que dar o maior número de voltas posible. Os exercicios son: cargadas (clean) onde o factor de esforzo é o peso; burpees coa súa combinación saltos e flexións; e por último, máis flexións, esta vez sobre o chan cos Hollow body hold.

  • Proba individual 2: outros tres exercicios a realizar desta vez no menor tempo posible. O Suicide run modalidade de carreira curta e explosiva adiante-atrás; os saltos á corda 100 Simple under; e por último o peso coas kettlebell, de 16 ou 12 kilos (para homes ou mulleres), en secuencias de peso morto e tirón alto.

  • Proba individual 3: as últimas series de exercicios constan de Kcal proba de esforzo no remoergómetro; series de American kettlebell swing; e por último as zancadas con carga do Walking lunge overhead .

  • A proba por equipos consta dun circuíto de catro exercicios que os integrantes de cada equipo deben facer por relevos. Os exercicios son sentadiñas soportando a barra ou Thrusters; o levantamento tipo Kettlebell walking overhead; os saltos de caixóns ou box jump e para rematar outro exercicio de carga co clean & jerk.