En Máis que Auga, formación para o mellor servizo

Durante a tempada de verán os técnicos e técnicas de Máis que Auga participan nunha experiencia formativa para asegurar a súa reciclaxe profesional mediante talleres dirixidos polos seus propios compañeiros.

As sesións que teñen lugar unha vez á semana, no horario de menor afluencia de usuarios, están organizadas tematicamente para cubrir un arco amplo de actividades ofrecidas ao público. Aínda que as clases nas que participan os e as usuarias son moi variadas esta selección permite traballar áreas comúns a moitas delas.

O obxectivo principal deste ciclo de talleres é aproveitar a experiencia dos e das técnicas con máis experiencia en Máis que Auga para realimentar aos demais, nun labor que promove a implicación de todo o equipo técnico.

Ademais, o método empregado permite aplicar unha metodoloxía de traballo común para ofrecer un servizo axeitado á demanda dos usuarios en calquera dos centros.

Os nosos técnicos participan en sete módulos de actividades: Aquagym, Core, Mobilidade articular, Bebés, Exercicios hipopresivos, Técnicas miofasciales e Adestramento para embarazadas.

O traballo realizado abrangue una gama de actividades moi transversal que incide sobre aspectos físicos como a mellora da mobilidade; o reforzo muscualr ou a liberación de tensións nos tecidos; o control da posición corporal; e tamén o traballo respiratorio. Ademais son técnicas que están orientadas tanto ao público xenérico como a grupos específicos, como os bebés ou as nais embarazadas.