Elixe adestramento á medida en Máis que Auga

09/09/2018

Os usuarios e usuarias novas ou habituais saben que poden atopar en Máis que Auga unhas instalacións completas e atendidas cun equipo profesional de máis de cen persoas. Para prestarte o mellor servizo queremos axudarte tamén a elixir entre a oferta completa de actividades deportivas para adestramento, mantemento ou simplemente lúdicas, que temos ao teu dispor.

A mellora da condición física

Se o que buscas son actividades tonificantes a lista é moi ampla pero se queres estar á última podes participar nun exercicio coreografiado como o BodyPump ou o BodyCombat, coa fórmula de adestramento de Les Mills. Se prefires a versión máis clásica, o MQ Step permíteche realizar exercicios coreografiados con soporte musical.

Se o que che vai é o deporte da loita tes actividades de Boxeo, coa súa versión Boxeo Express, e tamén o Kick Boxing para practicar exercicios e golpes en grupo.

Os adestramentos máis intensos están a cargo do MQ Body Cross, MQ Extreme onde prima o traballo de forza. E se queres combinar series intensas de exercicios en pouco tempo, o Fitness Express é o teu: en calquera dos centros tes ao longo do día diversas sesións a horas fixas que podes intercalar no teu adestramento. Este ano as combinacións de exercicios express terán ademais versións temáticas para que sempre saibas que tipo de exercicios concretos vas facer.

Tamén podes optar por exercicios tonificantes específicas como o MQ Core e a súa versión Express, con exercicios especialmente pensados para a zona abdominal e extremidades. O MQ Gap participa tamén deste carácter intenso e tonificante, pero moi centrado en glúteos, abdominais e pernas.

Os amantes da bici tedes ocasión de probar as mellores sensacións do ciclismo indoor co MQ Bike, de intensidade media alta, con dirección de monitor e soporte musical. Recentemente instalamos novos equipos wattbike e novo software para ofrecerche as sensacións máis reais a partir dunha gama ampla de circuítos virtuais.

Se prefires un adestramento máis tranquilo podes probar as novas zonas de indoor walking agora nos tres centros: camiñar ou carreiras suaves nas máquinas mentres segues nunha pantalla grande o recorrido virtual coas instruccións. Claro que se o que che gusta é correr ao aire libre o teu é o MQ running que che permite prepararte para as carreiras ao aire libre cunha planificación específica a cargo dos técnicos.

En vindeiras publicacións seguiremos dándovos información precisa que vos axude a elixir a mellor actividade para o tipo de exercicio que buscas.

Para mais información podes consultar na web as nosas actividades de sala e non esquezas consultar os horarios na páxina de cada centro: BarreiroCoia ou Navia.