O noso compromiso coa sociedade viguesa lévanos a ampliar a nosa oferta máis alá dun centro deportivo normal. Así naceu Máis que un plan, pola necesidade de responder á responsabilidade social de Máis que Auga. Nos nosos sinais de identidade están a promoción do deporte, dos hábitos saudables e o fomento da interacción entre as persoas en entornos de ocio:

COMPROMISO SOCIAL

O noso compromiso co deporte é unha misión que tamén abrangue ao noso entorno cívico.

SAÚDE

Cremos nos beneficios que a actividade física ten na nosa saúde e benestar emocional.

RELACIÓNS POSITIVAS

Confiamos nas relacións persoais como fonte de felicidade e benestar.

indoor

GRUPOS

No seo do plan foron crecendo dous activos grupos (running e travesías), que levan o nome de Máis que Auga, a súa filosofía e alegría alí onde acoden.


GRUPO DE RUNNING

Xorde no ano 2011 ante a demanda dun grupo de socios aos que lles apetecía saír a correr pero non tiñan con quen. É un grupo aberto a calquera persoa ou nivel, e gratuíto para os socios de Máis que Auga. Un técnico titulado (Fernando Vázquez en Barreiro e Javier Vázquez en Coia) acompaña ao grupo dous días á semana nas súas sesións de traballo. Ademais, de forma esporádica, realízanse adestramentos conxuntos durante a fin de semana para preparar determinadas probas. Acoden en masa ás carreiras populares de Vigo e arredores, aínda que tamén participaron en probas fóra de Galicia (Roma, Barcelona, París, Londres, Sevilla, Valencia…). Son a marea amarela de Máis que Auga.

Facebook

running

GRUPO TRAVESÍAS

O grupo de natación Travesías naceu en xuño de 2014 como unha prolongación dos grupos de perfeccionamento e máster, que durante o ano se imparten nas piscinas de Máis que Auga. En verán o traballo trasládase á praia do Vao os sábados pola mañá, onde os nosos técnicos (Almudena López e Andrea Alonso) dispoñen adestramentos de diferentes niveis para que calquera persoa poida gozar da actividade física no medio natural. Durante o primeiro verán, unha media de 40 persoas acudiron a estas clases na praia do Vao.

Facebook

travesias

CALENDARIO DE ACTIVIDADES:

Desta forma, programamos actividades diferentes, moitas delas de balde, coas que pretendemos ofrecer un servizo extra para a nosa comunidade, na que se poden combinar deporte, natureza, familia, ocio e saúde.

maisqueunplan