Descobre todo o que podes facer na auga nas nosas instalacións

01/03/2018

O corpo humano está composto nun 70% de auga e Máis que Auga, prácticamente, tamén. Unha parte importante das instalacións de Barreiro, Coia e Navia está ocupada polas nosas piscinas (grande e pequena) onde se realizan unha chea de actividades acuáticas (aquagym, zumbaauga, embarazauga..)

Ademáis, máis de 4.000 nenos pasan pola Escola de Actividades Acuáticas de Máis que Auga  na que damos clases de natación tanto a abonados como a alumnos dos colexios de Vigo (máis de 30) que ofertan a natación como actividade extraescolar ao través das Anpas. A duración das clases é a mesma que a do curso escolar: de setembro a xuño e están dirixidas a nenos dende os 6 meses ata os 18 anos. As clases están adaptadas tanto ao nivel como á idade adestrando en diferentes grupos: miñoca, tartaruga, calamar, xurelo, cachalote, golfiño e escualo.

Ademáis da Escola de Actividades Acuáticas para nenos tamén temos cursos para adultos. Ás nosas piscinas ven tanto quen no sabe nadar como quen quere mellorar a súa técnica. Para adultos temos catro niveis: Descobre, Progresa, Perfecciona e Máster.

Descobre está pensado para persoas que non saben nadar. Progresa  para os que saben flotar e desprazarse. Perfecciona para aqueles que se desprazan con facilidade pero queren mellorar a súa técnica. Máster é para os que dominan os estilos de crol e costas polo menos.

En Máis que Auga tamén temos un grupo de travesías, no que poden participar os que están no nivel de Perfecciona e Máster e que adestra todos os sábados pola mañá nas piscinas durante o inverno. No verán os adestramentos fanse na praia do Vao e os integrantes se preparan para as travesías que se fan na  Ría de Vigo.  A este grupo pode apuntarse quen queira sempre e cando teña o nivel axeitado.

Pero ademais, na zona de piscinas contamos cun spa no que podes vir relaxarte o tempo que queiras. Podes desfrutar de jacuzzi, camas de auga, chorros e cascadas. No spa hai  unha zona de cabinas no que podes gozar dunha ducha de esencias, fonte de xeo, sauna finlandesa e sauna de vapor. Por todos estes motivos as túas piscinas de Vigo están en Máis que Auga