Consellos Máis que Auga para unha boa alimentación no Nadal

Todos sabemos que o Nadal é unha época de excesos na alimentación: as comidas e ceas familiares, de amigos ou de traballo se multiplican. Dende o Servizo de Nutrición de Máis que Auga dannos algúns consellos para gozar destas festas comendo sen culpa pero sen descoidarnos. Así que é moi importante que teñas en conta:

Non deixar de comer como método compensatorio: esa non é a solución. Debemos incluir alimentos máis lixeiros, saciantes e de doada dixestión antes dos grandes comidas ou ceas de estas datas: froitas, verduras, carnes , peixes

– Durante o xantar ou cea prioriza o consumo de verduras, hortalizas, e alimentos proteicos (mariscos, carnes, peixes, ovo). Tamén podes engadir algún acompañamento como pataca ou arroz

– As verduras e  alimentos proteicos axudan a saciarte e son unha opción  máis nutritiva e menos calórica que “o deixar un burato para o postre”

Evita encherte e rematar con dores ou molestias estomacales. Saciarse non é o mesmo que encherse

Ademais de coidar  a túa alimentación é crucial que te manteñas activo e non abandoes a práctica de exercicio durante as festas. Manterte activo axudarache a:

– Gastar máis enerxía (equilibrando un pouco o exceso)

-Aproveitar mellor o aumento de nutrintes que entran no organismo. Facer adestramentos intensos favorece o aumento de masa muscular, mellora o rendemento e favorece a recuperación.

Lembra que se queres ter unhas recomendacións e seguimento máis detallado podes reservar cita no noso Servizo de Dietética e Nutrición.