Con Máis que Auga concilias mellor

En Máis que Auga queremos facer máis doada a conciliación familiar e por iso acabamos de poñer en marcha a tarifa plana para a Xogoteca Máis que Peques en Navia.

Con esta nova tarifa plana os pais poden dispoñer de ata 2 horas diarias de luns a venres, entre 17.00 e 20.30 horas e cun prezo de 10 euros ao mes, un custe medio de 0,25 euros á hora.

O programa iníciase agora en Navia e permite aos pais tanto facer deporte como organizar mellor a súa xornada laboral. A Xogoteca, que como sabes conta con persoal especializado na atención aos máis pequenos, programará actividades específicas para nenos e nenas de 2 a 14 anos e permite que os pais que acoden ao ximnasio Máis que Auga poidan gozar dunhas horas á semana libres de cargas mentres fan os seus adestramentos no centro.

Entre as actividades de ocio infantil, Máis que Auga ofrece a abonados e non abonados a posibilidade de celebrar os seus aniversarios e nos últimos 3 anos máis de 500 rapaces celebraron as súas festas de cumpreanos na Xogoteca de Navia.