A comunidade virtual máis en forma de Vigo: 19.000 seguidores

18/09/2018

A marabillosa comunidade virtual de Máis que Auga está a piques de acadar os 19.000 seguidores (18.790 usuarios en agosto), converténdose la rede de comunicación máis en forma da cidade. Grazas a todos os usuarios, aos máis cachondos e aos máis serios, que nos permiten coñecer novidades e compartir experiencias e comentarios. Grazas.

As últimas medicións realizadas sinalan que canto as vosas preferencias, Instagram é a rede social que máis medra nos dous últimos anos, con máis dun 80% de incremento.

Pero tamén soben os usuarios de Facebook e Twitter, que o fan nun 26% e nun 21% respectivamente. En conxunto, as nosas redes medraron un 33% de media nos últimos dous anos.

As redes sociais en Máis que Auga son, xunto coa web, a nosa canle habitual de comunicación, contacto e consulta con todos vos. As experiencias que compartimos xuntos en Facebook, Instagram ou Twitter transmiten os impulsos da comunidade de Máis que Auga de xeito directo e visible.

En Máis que Auga encántanos ver medrar esta comunidade virtual que formamos nas redes e nas que intercambiamos todo tipo de información visual, audiovisual ou escrita. Queremos seguir mantendo e enriquecendo esa conexión e animámosvos a que o fagades vos tamén.

Na comunidade Máis que Auga a actividade deportiva complétase coa vosa colaboración nunha rede que une día a día a case 19.000 persoas.

Aínda non nos segues?

As nosas redes para ti en