Comezamos de novo as travesías Máis que Auga!

16/09/2017

Despois deste período de descanso para recuperar forzas chegou o momento de tirarnos ás piscinas de Máis que Auga! O grupo de travesías comezamos a adestrar de novo o sábado 7 de outubro de 9.15h a 10.15h. Como todos os anos  iremos rotando polas tres instalacións: Coia, Barreiro e Navia.

O adestramento está aberto para os niveis de máster e perfeccionamento. O grupo está coordenado polo responsable de travesías, Alex Brea e Almudena López. Alex, adestrador do supercampión olímpico, Chano Rodríguez deixa ben claro que non é preciso ser un profesional para ­­formar parte deste grupo senon que “con nadar ben, chega”.

Ao adestramento de travesías  poden apuntarse todos os que queiran. É gratuito para todos os  socios de Máis que Auga que teñan contratado algún curso de natación. Para os abonados que non sexan cursillistas o prezo é de 11,20 euros. Os interesados que non sexan socios teñen unha tarifa de 22,35 euros. Podes apuntarte na recepción de calquera dos 3 centros de Barreiro, Coia e Navia. Os externos que desexen formar parte deste grupo de travesías se lles fai unha proba de nivel nas nosas intalacións

As reservas das clases poden facerse nos kioscos das tres instalacións con 3 días de antelación e podes cancelala ata  unha hora antes do inicio da actividade.

Non imos parar ata que sexas un auténtico peixe e goces da auga tanto coma nós.  Queremos que o teu medio sexa Máis que Auga. Agardámoste!