Come ben e adestra mellor!

Estamos en plena costa de xaneiro, sabémolo! Por iso queremos darte un empuxón tanto ao teu peto como á túa motivación. Queremos que sexas quen de cumprir todos os propósitos que tes na lista do 2018, sobre todo esos que están de primeiros: tomarte en serio a túa alimentación, controlar o teu peso e manter o hábito de vir ao ximnasio. Sí, xa sabemos que a teoría a tes aprendida, que o que falla é a práctica así que aí vai a nosa proposta:

  • Se contratas o programa de control activo de peso  do noso Servizo de Nutrición de aquí ao 28 de febreiro tes unha sesión de adestramento persoal gratis
  • Se contratas un bono de 5 horas de adestramento persoal de aquí ao 28 de febreiro tes o 50% de desconto no programa activo de control de peso

Qué inclúe o programa activo de control de peso? Dúas  revisións ao mes no que elaboramos e revisamos a túa dieta para adaptala ás túas necesidades e ao teu xeito de vida. O prezo deste programa é de 50,30 euros mensuais para os socios e de 60,35 para os que non son abonados. E non esquezas que coa nosa promoción aforras 25 euros!

No servizo de adestramento persoal tes un técnico adicado só a ti (60 minutos por sesión) que te dirixe, corrixe e asesora sobre o programa de adestramento feito a túa medida e adaptado ao teu perfil e necesidades.

Nós dámoste o empuxón pero o resto tes que facelo ti, a qué agardas?