Queremos que nestas datas sexas a persoa máis feliz do mundo en Máis que Auga e queremos que esa felicidade a compartas con alguén que queres pero que non é socio das nosas instalacións. Durante estas festas todos os socios de Máis que Auga podedes convidar a alguén para que vos acompañe a adestrar aos nosos centros e podan gozar do uso libre da instalación: spa, piscina e sala fitness
Sí! Leiches ben: podes traer a quen queiras contigo dende o 26 de decembro ao 7 de xaneiro. Presta atención porque imos contarche qué has de facer para que a túa prima, a túa amiga da alma, o teu cuñado favorito (si é que iso existe) veñan contigo a calquera dos nosos centros Máis que Auga de Barreiro, Coia e Navia.
Dende hoxe tes ao teu dispor nas recepcións das 3 instalacións dos 3 centros unha invitación que podes retirar e cubrir no momento no que os nosos compañeiros cha dan ou cando veñas coa persona que ti escollas. É imprescindible que a persoa á que lle regales este convite veña contigo e qu eos datos están cubertos.
Este Nadal presume de Máis que Auga e regala esta experiencia. Qué mellor agasallo que compartir o teu tempo? Así que cólleo!