Foi o primeiro dos centros de Máis que Auga en entrar en funcionamento en Vigo, en novembro de 2010. Dispón de con 4.600 metros cadrados para a práctica deportiva, ocio e saúde. A instalación atópase nunha zona de gran densidade demográfica e en moi pouco tempo conseguiu axeitarse ao barrio. Un deseño orixinal permitiu integralo no espazo urbano, aproveitando a zona superior do centro como parque público.
Horarios Actividades Coia
Instalacións
En Coia poderás atopar:
2 piscinas (unha de aprendizaxe e outra de natación)
Máis de 80 postos na sala de fitness
Accesos e vestiarios adaptados para discapacitados
Spa urbano
3 salas de actividades dirixidas (en seco)
Párking Castelao a 50 metros do centro. Externo. Non incluido na cota.
700 metros cadrados de sala de cardio
1 sala de ciclo-indoor
Horario
Sala fitness
De luns a venres:
- de 6:00 a 23:30 horas (na primeira hora da mañá só estará aberta a sala fitness e vestiarios)
Sábados:
- de 9:00 a 21:00 horas
Domingos e festivos:
- de 9:00 a 14:30 horas
Piscina
- De luns a venres: De 7:00 a 23 horas
- Sábados: De 9:00 a 23:00 horas
- Domingos: De 9:00 a 14:00 horas
Spa e sauna
De luns a venres:
- de 8:00 a 22:30 horas
Sábados:
- de 9:30 a 14:00 horas e de 16:30 a 20:30 horas
Domingos e festivos:
- de 9:30 a 14:00 horas
*No verán, os horarios poden sufrir modificacións.
* O peche das instalacións deportivas será de luns a venres ás 23:00 horas; o sábado ás 21:00 e domingos e festivos ás 14:00, pero os vestiarios permanecerán abertos media hora máis para que os nosos usuarios e usuarias poidan cambiarse.