Ciclauga ‘Family’: deporte e diversión en familia con Máis que Auga

27/05/2018

O vindeiro sábado, 2 de xuño, a partir das 16.00 horas nas instalacións de Coia, Máis que Auga inaugura unha proba que promete altas doses de emoción e deporte. Ciclauga Family está pensada para participar e divertirse en familia, superando xuntos un circuíto de probas.

A competición rematará cunha merenda sa para que todos os participantes poidan descansar e relaxarse despois do esforzo e compartir bos momentos.

É unha actividade gratuíta para socios e para participar tedes que inscribirvos canto antes, porque hai prazas limitadas para cubrir. Se non es abonado ou cursillista de Máis que Auga, o prezo de inscrición é de 3,70€ para os adultos e 2,45€ para os rapaces.

Os equipos participantes estarán formados por parellas de pai ou nai e fillo ou filla que terán que cubrir probas de ciclo indoor e nado, xunto a outros ingredientes de habilidade en dous circuítos diferenciados e unha sala de actividades. Tedes a explicación en detalle do desenvolvemento da proba na infografía que ven máis abaixo.