Chega o Campus de Semana Santa a Máis que Auga

Como todos os anos cando chega o momento de combinar traballo coas vacacións dos máis pequenos, Máis que Auga pon en marcha o seu servizo de acompañamento familiar.

O Campus Máis que Auga de Semana Santa será só no centro de Navia e abre a súa inscrición ata o día 25 de marzo nas súas diversas modalidades.

  • Para os nenos e nenas de 7 a 14 anos temos o Campus deportivo se realiza os días 26 e 27 de marzo e o 2 de abril. O prezo é de 35€ para os socios de Máis que Auga (50€ para os non socios).

  • Para os nenos e nenas de 3 a 6 anos a opción é o Campus Máis que Peques. Tamén os días 26 e 27 de marzo e o 2 de abril e o prezo é de 40€ para os socios de Máis que Auga (62€ para os non socios).

Hai descontos para os irmáns: 10% para o segundo irmán inscrito, e 15% para o terceiro irmán e posteriores.

O horario establecido en todos os casos é de 9.30 a 13.30 horas pero contamos con opción madrugadoiro que amplía o horario de entrada de 8.00 a 9.30 horas. Tamén podes ampliar horario de 13.30 a 15.00 horas Tes un desconto do 10% se contratas ámbalas ampliacións de horario.

E se queres que os teus pequenos coman aquí poden facelo: só tes que mandarlles o xantar e nos ocuparémosnos.

Para calquera información complementaria contacta por favor con calquera dos nosos centros, por email, teléfono ou na propia recepción http://maisqueauga.com/contacto/.