Case duascentas persoas participaron na Semana de Puertas Abertas de Pádel

Preto de duascentas persoas participaron na Semana de Portas Abertas de Pádel, que se celebrou entre os días 8 e 15 de xaneiro nas instalacións de Barreiro e Navia.

Durante estes días de xornadas abertas impartíronse un total de 39 clases nas que participaron 177 persoas, das cales 137 son adultos e 40 nenos.

Esta actividade da Academia de Pádel Máis que Auga tiña o obxectivo de dar a coñecer un deporte que conta cada vez con máis seguidores e que creceu de forma espectacular entre os máis pequenos. Proba diso é que actualmente a Academia Máis que Auga ten 200 nenos e nenas como alumnos.