Canta auga queres consumir?

08/10/2018

En Máis que Auga lembramos hoxe a nosa responsabilidade no consumo de auga cunha acción combinada nos centros que será visible para todos os nosos usuarios e usuarias. Esas imaxes que resumidas nun vaso de auga que atopades nas duchas, nas pantallas ou nun pequeno atril instalado á entrada dos centros é un recordatorio simbólico para lembrar a necesidade de apostar por un consumo racional de auga.

mais que auga- responsabilidad ambiental

O consumo razoable de auga forma parte da lista de medidas ambientais asumidas por todos os que vivimos nunha sociedade responsable, tamén polos nosos usuarios e usuarias, e forma parte do código de boas prácticas de Máis que Auga.

En cuestión de eficiencia enerxética e redución de consumo, temos adoptado desde o principio medidas que buscan o maior grao de eficiencia enerxética nas nosas instalacións.

Nas piscinas usamos un sistema de tratamento da auga con raios ultravioleta, que permite manter baixo control o nivel e a dosificación de cloro sen ter que recorrer a unha renovación máis frecuente da auga e reducindo notablemente o seu consumo.

Tamén as duchas e billas de baixo consumo reducen o uso de auga, que sempre pode ser dosificada para evitar malgastar un líquido cada vez máis prezado.

Polo demais, en Navia procedemos a reciclar e filtrar a auga de chuvia das cubertas para reutilizala nos depósitos dos inodoros.

Outros sistemas de eficiencia enerxética permiten reutilizar a calor recuperada dos sistemas de refrixerado para quentar a auga de piscinas e calefacción, contribuíndo deste xeito a baixar o consumo enerxético da instalación. Tamén no sentido da eficiencia traballan os sistemas de iluminación led que utilizamos.

Desde Máis que Auga facemos un chamamento aos usuarios, para que non esquezan que a auga é un ben prezado que só botamos en falta cando escasea e que non debemos desperdiciar.