Actividades en piscina del Campus de verán Máis que Auga: lugar para ocio de los niños en Vigo

Campus de verán Máis que Auga: o lugar de ocio para nenos en Vigo

30/05/2017

Seguro que xa estás facendo e refacendo horarios, mirando e remirando a túa axenda para ver cómo cadrar as vacación escolares dos teus fillos co teu horario laboral de verán. Nós xa temos o plan: en Máis que Auga nos preocupamos polo ocio dos nenos en Vigo e un ano máis organizamos o Campus de Verán, do 26 de xuño ao 8 de setembro de 9.30h a 13.30horas.

O Campus desenvólvese nas instalacións de Máis que Auga en Barreiro e Navia e no centro de ocio para nenos en Vigo,  Máis que Peques. En Barreiro poden ir nenos de 4 a 14 anos, en Navia de 7 a 14 anos e en Máis que Peques de 3 a 6 anos.

O Campus de Verán ten horarios especiais para os pais que precisen deixar antes aos seus fillos nos centros ou recollelos máis tarde do horario fixado: polas mañás funciona o servizo de madrugadoiro (poden entrar  ás 8.00 horas);  e ao mediodía poden saír ás 15.00 horas. Os nenos que saian máis tarde poden levar a súa comida de casa para xantar no centro.

Lugar de referencia para o ocio dos nenos en Vigo

Nas instalacións de Barreiro e Navia os nenos practicarán diferentes actividades: dende deporte a xogos tradicionais e populares. Tamén se organizan excursións e se programan prácticas deportivas fora das instalacións como é o caso do paddle surf.  O Campus Máis que Auga para nenos  fomenta a interrelación entre os rapaces e crea lazos de amizade entre eles. Os campamentos de Máis que Auga son unha referencia de ocio para nenos en Vigo.

Máis que Peques, ubicado nas instalacións de Navia está dirixido por especialistas en educación. Durante o transcurso do campamento, ademais de gozar os nenos traballan as súas habilidades psicomotrices. Na programación de verán de Máis que Peques tamén se inclúen actividades na piscina. Máis que Peques está pensado e deseñado para satisfacer a demanda existente de centros de ocio para nenos en Vigo.

Á hora de facer a inscrición pódense escoller semanas, quendas ou un mes enteiro. Para todas as incricións que se fagan antes do 19 de xuño hai descontos especiais.

  • Semanas:  55 euros para abonado e 80 euros para os non socio
  • Quendas : 100 euros para abonados e 150 para non socios
  • Mes:  180 euros para abonados e 280 euros para non socios

As tarifas para Máis que Peques son:

  • Semana: 102  euros para abonados e 120 euros  para non socios
  • Quenda: 152  euros  para abonados e 180 euros para non socios
  • Mes:  234 euros para abonados e 276 euros para eventuais

Para os pais que apunten a máis dun fillo no campamento existen descontos especiais. As incricións poden formalizarse en calquera dos puntos de atención ao cliente dos centros de Barreiro, Coia e Navia.  Non esquezas que as instalación de Máis que Auga non están pensadas só para os adultos senon que tamén son un importante centro de ocio para nenos en Vigo. Nas nosas instalación ao longo do ano os nenos poden practicar wodfit, ioga , pilates, natación e por suposto zumba.

Consulta aquí os horarios: