Mäis que Peques: ocio, niños, Vigo

Campus de Nadal en Máis que Auga, o mellor ocio dos nenos en Vigo

Un ano máis chega o quebracabezas para pensar qué alternativas tes para os teus fillos cando xa non queda nada para as vacións de Nadal.  Máis que Auga ten moi presente o tempo de ocio dos nenos en Vigo, por eso cando chegan estas datas temos a solución perfecta para ti: o Campus de Nadal que se celebra nas instalacións de Barreiro e Navia e no centro de ocio Máis que Peques, do do 22 de decembro ao 5 de xaneiro de 9.30 horas a 13. 30 horas.

O temos todo pensado e planificado para que ti podas traballar, facer as túas compras de nadal ou dispor de tempo para ti mentres os teus fillos gozan xogando ou practicando deporte nas nosas instalacións.

O Campus desenvólvese nas instalacións de Barreiro, Navia e o centro de ocio Máis que Peques. A Barreiro poden ir nenos de 4 a 14 anos, en Navia, dos 7a 14 anos e a Máis que Peques, nenos dos 3 aos 6 anos.

Ocio, nenos, Vigo: a mellor fórmula

A nós encántanos xogar coa fórmula de ocio, nenos, Vigo porque temos vocación de fomentar a práctica deportiva, a convivencia e o compañerismo entre os máis pequenos con actividades pensadas específicamente para eles. Queremos que a calidade do seu tempo de ocio sexa a mellor.

O campamento ten horarios especiais para os pais que necesiten deixalos antes nos centros ou recollelos máis tarde do horario fixado: polas mañás poden entrar unha hora e media antes e ao mediodía poden saír unha hora e media despois. Os nenos que saían máis tarde en Navia  poden traer a súa comida de casa para xantar ao mediodía no centro de ocio Máis que Peques.

Á hora de facer a inscrición pódense escoller semanas ou a quenda enteira. Os nenos que se apunten antes do día 17  de decembro teñen un pequeno desconto nestes prezos.

Campus deportivo Máis que Auga

  • Semana: 40 euros para abonados e 60 euros  para non socios
  • Quenda: 72 euros  para abonados e 112 euros para non socios

Campus Máis que Peques:

  • Semana: 68 euros para abonados e 82,4 euros  para non socios
  • Quenda: 101 euros  para abonados e 120 euros para non socios

Para quen apunte a máis dun irmán hai descontos especiais: 10% para o primeiro irmán e dun 15% para o segundo e sucesivos. As incricións poden formalizarse en calquera dos puntos de atención ao cliente dos centros de Barreiro, Coia e Navia.