Campionato provincial de pádel absoluto en Máis que Auga

05/09/2017

Un ano máis as instalacións de Máis que Auga en Navia acollen durante toda esta semana o Campionato Provincial absoluto de Pontevedra, que organiza a Federación Galega de Pádel, onde  os profesionais que compiten no ránking galego teñen ocasión de sumar puntos para ascender na clasificación.

Os mellores xogadores de pádel de Galicia, tanto en categoría masculina como feminina  pasarán polas pistas de Máis que Auga Navia. Así que este campionaoto é unha magnífica ocasión para ver a xogadores da talla de Fernando Alonso, Héctor Guisande e Iago González Niño e a xogadoras como  Carla Barciela, Sabela Barciela e María Varela. As rondas finais teñen lugar este fin de semana, o 9 e 10 de setembro.

O  Campionato Provincial absoluto celébrase unha vez ao ano, igual que o campionato galego. Aínda que o ránking é cuestión de regularidade ao longo dos múltiples campionatos celebrados na Liga Norte (A Coruña e Lugo) e na Liga Sur (Ourense e Pontevedra),  os puntos sumados nesta proba provincial adoitan ser decisivos para a clasificación final da tempada.