Piscinas en Vigo de Máis que Auga

Buscas as mellores piscinas en Vigo? Ven a Máis que Auga!

Estás embarazada e gustaríache practicar fitness adaptado ao teu estado pero na auga? Tes un bebé e queres que perda o medo a auga e a relacionarse co medio acuático canto antes? Es un apaixoado da natación pero coidas que precisas mellorar con adestramento personalizado da man dun profesional? A resposta para todas estás dúbidas está en Máis que auga, as túas piscinas en Vigo. De feito, creénos, a maioría dos nosos profesionais son metade peixe metade humanos ­­­

O noso nome, Máis que Auga, define o noso ADN: o noso medio é a auga e sen ela non poderiamos vivir. Por elo, gran parte da nosa infraestructura está destinada e enfocada a actividades acuáticas. As tres instalacións de Barreiro, Coia e Navia contan con dúas piscinas: unha grande de 25 metros con rúas diferenciadas por niveis, nas que se pode practicar tanto o nado libre como adestramentos personalizados. Tamén temos unha piscina pequena de 15 metros onde se practica todo tipo de fitness na auga:  zumbauga, aquatraining, aquagym e embarazauga. Por suposto contamos con programas de natación para todos os niveis tanto para adultos como para nenos.

Máis de 6. 000 cursillistas, entre nenos e adultos pasan polas nosas  piscinas en Vigo para aprender a nadar, mellorar o nivel que teñen ou perfeccionar ao máximo a súa técnica para ter un alto rendemento. Contamos cos mellores profesionais e con nós adestran deportistas da talla de Chano Rodríguez e Susana Rodríguez Gacio que o ano pasado participaron nas paraolimpiadas de Río.

Clases de natación nas nosas piscinas de Vigo

Na Escola de Actividades Acuáticas impartimos clases de natación para nenos dende os 6 meses ata os 18 anos. Nas nosas piscinas en Vigo tamén damos clases a alumnos de colexios da cidade que teñen a natación como actividade extraescolar. En función do seu nivel os nenos adestran en diferentes grupos: miñoca, tartaruga, calamar, xurelo, cachalote, golfiño e escualo.

A metade dos cursillistas de natación de Máis que Auga, preto de 3.000 son  adultos. Ás nosas piscinas veñen dende os que non saben nadar ata os que queren mellorar a súa técnica. Para adultos temos catro niveis: Descobre, Progresa, Perfecciona e Máster.

Descobre está pensado para persoas que non saben nadar. Progresa  para os que saben flotar e desprazarse. Perfecciona para aqueles que se desprazan con facilidade pero queren mellorar a súa técnica. Máster é para os que dominan os estilos de crol e costas polo menos.

En Máis que Auga tamén temos un grupo de travesías, no que poden participar os que están no nivel de Perfecciona e Máster e que adestra todos os sábados pola mañá nas piscinas durante o inverno. No verán os adestramentos fanse na praia do Vao e os integrantes se preparan para as travesías que se fan na  Ría de Vigo.  A este grupo pode apuntarse quen queira sempre e cando teña o nivel axeitado. Así que por qué non te animas? A experiencia é única!

Pero ademais, na zona de piscinas contamos cun spa no que podes vir relaxarte o tempo que queiras. Podes desfrutar de jacuzzi, camas de auga, chorros e cascadas. No spa hai  unha zona de cabinas no que podes gozar dunha ducha de esencias, fonte de xeo, sauna finlandesa e sauna de vapor. Por todos estes motivos te dixemos dende o principio que en Máis que Auga tes as  túas piscinas en Vigo.