Buscas adestrador persoal? Está aquí!

04/01/2018

En Máis que Auga estamos comprobando que empezaches con bo pé o ano e que, aínda que só levamos unha semana, xa estás cumprindo co obxectivo que te propuxeches para este 2018: vir ao ximnasio. Pero sabemos que algúns de vos precisades e demandades máis.  E nós somos especialistas en ofrecerche ese plus que queres.

Máis que Auga conta cun servizo de adestramento persoal que se adapta ao teu perfil, características e necesidades. Dependendo de cal sexa o obxectivo que persegues os nosos técnicos deseñan un programa de adestramento feito a túa medida: baixar peso, gañar masa muscular, curar lesións ou mellorar o teu rendemento.

Cales son as vantaxes de ter un adestrador persoal en Máis que Auga? A motivación é unha delas. O adestrador está continuamente ao teu carón, apoiándote e axudándote a seguir adiante. Por suposto o feito de ter alguén que che acompaña segundo a segundo no teu reto axúdate a vencer a preguiza que, na maioría dos casos, é o principal enemigo para acudir ao ximnasio. Conclusión: a túa constancia, elemento imprescrindible para as túas metas, faise forte.

Cun adestrador persoal otpimizas o tempo e o esforzo para acadar os teus obxectivos. Ademais os nosos técnicos están supervisando en todo momento a execución dos exercicios co cal se evitan lesións innecesarias. Ademáis axúdate a mellorar as túas aptitude físicas como a forza, a resistencia muscular, flexibilidade, axilidade e coordinación.

Así que xa o sabes, se estás interesado en ter un programa feito a túa medida co teu propio adestrador pregunta no teu centro Máis que Auga de Barreiro, Coia e Navia. Estaremos encantados de acompañarte paso a paso nos retos que te propoñas!