Bodypump: Máis que forza!

10/08/2018

O bodypump, unha das actividades que está a revolucionar os centros deportivos de todo o mundo, chega a Máis que Auga da man do prestixioso método Les Mills.

O próximo 3 de setembro, xusto á volta das vacacións de verán, os nosos centros de Navia, Barreiro e Coia comezarán a impartir esta completa actividade que combina diversión con tonificación muscular, mellora da resistencia e da saúde dos ósos e aumento da forza.

Pero, que é o bodypump? Trátase dunha actividade con barra e discos de diferentes pesos e tamaños ao ritmo da música que nos axuda a mellorar a forma física. Ademais de aumentar a forza e a resistencia, axuda a fortalecer e tonificar os músculos e a perder graxa corporal, cunha queima aproximada de 560 calorías por sesión.

A clave do bodypump é o efecto rep, unha fórmula de Les Mills probada cientificamente que permite desenvolver unha musculatura definida sen necesidade de adestrar con moito peso, senón realizando moitas repeticións con peso lixeiro-moderado.

Os nosos técnicos de Máis que Auga xa contan cunha formación específica de Les Mills para orientarnos e axudarnos na realización máis correcta e efectiva desta nova práctica.

Se queres conseguir os teus obxectivos mentres te divirtes coa música máis motivadora, o bodypump está feito para ti. Vaite preparando!