Usuario practicando deporte en gimnasio en Vigo

Benestar e sáude para o 2018 nos nosos ximnasios en Vigo

Sabemos que vir ao ximnasio encabeza a lista de propósitos que te fas cada vez que comeza un novo ano. Pero tamén sabemos que ás veces ese propósito baixa postos ata quedar estancado na cola e acabar definitivamente aparcado ata o vindeiro ano. En Máis que Auga queremos axudarte a que cumpras o que te propós e que éste sexa o teu ano: o da saúde e o benestar.

Nós tamén temos un propósito para este ano: queremos que descubras os beneficios e o pracer que aporta a práctica deportiva en calquera dos nosos ximnasios en Vigo. Nos nosos centros de Barreiro, Coia e Navia, temos a maior oferta de actividades dirixidas da cidade para que podas escoller a que máis se adapte ao teu perfil, gustos, obxectivos e necesidades.

Na nosa oferta de fitness tes actividades de baixa, media e alta intensidade como Gap, Xtrem e Body Cross.  En Máis que Auga dámoslle moito protagonismo ás actividades nas que se desenvolven as habilidades rítmicas como Aerobic, Step, Zumba e Fitball Drums. Na nosa páxina maisqueauga.com podes consultar todas as actividades e os seus  horarios.

Experiencias deportivas nos teus ximnasios en Vigo

Nos nosos ximnasios en Vigo che ofrecemos experiencias deportivas que che axudan  a liberar o estrés e a esquecer a rutina diaria: pasámolo ben mentres realizamos unha actividade física. De aí o éxito de todas as actividades coreografiadas.

En Máis que Auga temos o mellor equipo técnico co que se pode contar: 120 profesionais sempre dispostos a atender as necesidades deportivas dos nosos clientes. Somos persoas que atenden a persoas e ofrecemos asesoramento continuo e motivación tamaño XXL.

Todo o equipo de Máis que Auga está sempre atento ás novidades que xurden no sector do fitness para ofrece as últimas tendencia, por eso os nosos  profesionais están reciclándose continuamente con cursos de formación e os nosos directores técnicos acuden ás grandes ferias do mercado.

Nosas salas fitness  non son só un simple espazo cheo de máquinas, senon que son zonas multiárea nas que os técnicos están continuamente dinamizando a sala con clases express de 20 minutos. Queremos que os nosos usuarios optimicen o tempo do que dispoñen para vir ao ximnasio, por eso ofrecemos a posibilidade de traballar en pequenos grupos con actividades de alta intensidade. Todas as nosas clases son presenciais.

Na nosa páxina web maisqueauga.com podes atopar toda a oferta de actividades dirixidas e coreografiadas que impartimos nos nosos ximnasios en Vigo en Barreiro, Coia e Navia.  Tes xa claro por qué Máis que Auga vai ser o teu primeiro propósito do 2018?