Ciclo indoor en un gimnasio en Vigo

Así pedaleamos en Máis que Auga

O trepidante ritmo dunha clase de ciclo indoor nun ximnasio de Vigo 

O ciclo indoor ou bike é unha das actividades estrela en calquera ximnasio que se precie, e en Vigo o é aínda máis pola paixón que lle poñemos a pedalear. É un traballo motivador no que se libera estrés e se queiman calorías a golpe de música, de subidas e de baixadas. Faise en grupo o cal tamén é un estímulo a ter en conta. E por se fora pouco ten beneficios cardiovasculares e tonifica pernas e glúteos. Na linguaxe deportiva é o que se coñece como un traballo hit: traballos de alta intensidade con intervalos de descanso.

Nas clases de ciclo indoor a música xoga un papel fundamental non só pola súa función motivadora senon porque grazas ao ritmo o adestrador marca os picos de esforzo. Por eso unha selección musical axeitada e pensada para a clase é fundamental e require dun traballo previo.

Hoxe escollimos unha das clases de bike en Máis que Auga Navia que está a rebosar:  son as 10 da mañá dun luns e na sala só quedan dúas ou tres bicis libres. A música vai a un ritmo trepidante, por momentos,  e semella que os pes en lugar de pedalear, voan. O adestrador, un dos nosos técnicos de sala, Manu Fidalgo, exerce á perfección de mestre de cerimonias, mesturando o seu labor deportivo con auténticas dotes de líder dunha banda de rock&roll. Pero o certo é que o público, os alumnos neste caso, están entregados. Obedecen sen rechistar as duras subidas e entre tanto esforzo aínda son quen de corear as cancións. De feito cando soa “Dolores se llamaba Lola” de Los Suaves a clase vense arriba.

Ao rematar algunhas das alumnas dannos a súa opinión sobre estas clases. Desiré cóntanos que é unha asidua tanto de bike como de todas as actividades dirixidas de Máis que Auga en xeral e asegura: “O que máis me gusta é o ritmo, a intensidade e os profesores que son a bomba…Manu é impresionante” Da mesma opinión é outra das súas compañeiras, Viki, quen tamén está encantada tanto pola intensidade como  polo profesor.