Apúntate xa ao Trofeo Concello de Vigo de pádel!

18/06/2017

As instalacións de Máis que Auga acollen, un ano máis, o Trofeo de Pádel Concello de Vigo-Pérez Rumbao Car, o máis importante dos que se celebran en Galicia, que este ano 2017 acada a súa quinta edición. O torneo se desenvolve do 1 ao 9 de xullo nas pistas de pádel de Barreiro e Navia, baixo a organización do Clube de Pádel Barreiro e Máis que Auga.

Nesta edición se agarda superar a cifra de 500 participantes, o que convirte a este Trofeo en referencia do pádel en Galicia e na cita máis destacada do verán, na que poden participar xogadores de todos os niveis, dende federados ata iniciación. A importancia deste trofeo tamén radica en que conta co galardón de ouro da Federación Galega de Pádel coa participación de xogadores do máximo nivel.

A competición se divide en proba masculina (de primeira, segunda, terceira, cuarta e quinta categoría ), feminina(de primeira, segunda, terceira e cuarta categoría), mixta  (primeira, segunda, terceira e cuarta categoría) e menores (benxamín, alevín, infantil, cadete e junior).

As isncricións para participar xa están abertas e o custe é de 15 euros por inscrición. Na categoría de menores, o prezo redúcese a 9 euros. O prazo para inscribirse finaliza o 26 de xuño.

Quen queira máis información pode chamar ao teléfono 699 734 200 ou escribir un correo a padel@maisqueauga.com

As inscricións poden realizarse a través da web, na sección pádel, no cadro de competición, ou  directamente a través de este botón.