Apúntate á competición de relevos Máis que Auga!

21/01/2018

Chegamos a unha nova edición de remudas por equipos! A cita é o sábado 3 de febreiro ás 16.30 horas en Máis que Auga Navia. Así que xa sabes escolle a amigos aos que lles guste competir e por suposto os retos e apuntádevos!  Tes de plazo ata o xoves 1 de febreiro ás 22 horas.  O custe da proba é de 20 euros por equipo e o único requisito que se precisa para inscribirse é que o capitán do equipo sexa socio de Máis que Auga. Nesta competición poden participar un total  de 12 equipos.

En qué consiste a  competición?  Trátase dunha proba por equipos  (de 8 a 10 integrantes) no que cada un dos membros ha de realizar cen metros e darlle o relevo  ao seguinte competidor. Así ata cumplir cen tandas de cen metros.

O primeiro equipo clasificado gañará unha  mensualidade de balde para os membros do equipo que sexan socios e a matrícula de balde  para aqueles que non o sexan e queran facerse abonados. O segundo  equipo clasificado recibirá  un curso de natación de 2 días durante un mes para socios e non socios. O terceiro clasificado terá como premio  un curso de natación de 1 día durante un mes.

Tes xa pensado o teu equipo? A qué agardas?