O verán está a volta da esquina e hai que pensar nos máis pequenos da casa. En Máis que Auga ofrecémosche o Campus de verán 2018, a nosa alternativa deportiva e saudable para que os teus fillos e fillas poidan divertirse mentres ti estás ocupado. Nas nosas instalacións, os rapaces poden realizar todo tipo de xogos acuáticos, deportes colectivos e xogos populares, sempre atendido polo noso equipo de técnicos profesionais.
Como novidade, os nosos plans para os centros de Barreiro e Navia contan agora con máis facilidades para que poidas fraccionar o pago do servizo.
A inscrición xa está aberta e podes facela contactando coa recepción de calquera dos nosos centros por teléfono ou de xeito presencial. Para calquera das opcións do Campus podes inscribirte e fraccionar o pago en quendas de 15 días ou o mes enteiro.
As opcións dispoñibles para os nosos centros son:
En Barreiro, desde os 4 aos 14 anos de idade, os teus fillos poden gozar do Campus multideporte desde o 22 de Xuño ata fin de Xullo.
Os horarios son de 9.00 a 13.30 horas, coa opción de ampliar horario co Madrugadoiro (desde 8.00 horas) e o Mediodía (ata as 15.00 horas). Neste último caso, os rapaces deben traer a súa fiambreira co xantar.En Navia tes dúas opcións:
O Campus multideporte para rapaces e rapazas de 7 a 14 anos, desde o 22 de Xuño ata o 7 de setembro. Os horarios, como en Barreiro, de 9.00 a 13.30 horas, coa opción de ampliar horario co Madrugadoiro (desde 8.00 horas) e o Mediodía (ata as 15.00 horas).
O Campus Máis que Peques, para nenos de 3 a 6 anos, de 22 de xuño ao 7 de setembro. O horario é o mesmo que para o campus multideporte e tamén existe Madrugadoiro e Mediodía.