Apúntate ao Clinic de Padel Máis que Auga!

23/11/2017

Aínda non tes plan para a ponte da Constitución e es dos que, coma nós, te quedas en Vigo?  Propoñémoste que te apuntes ao Clinic de Pádel que celebra a Academia de Pádel o día 6 e o día 8 de decembro nas instalacións de Máis que Auga Navia.

Esta é unha boa oportunidade para mellorar as túas habilidades de xogo traballando técnicas e tácticas específicas coma posicións , desprazamentos e golpes.

O horario e de 17.30h a 19.30h e as clases, por suposto, estarán divididas por niveis (amarelo, laranxa e verde) cun mínimo de 12 alumnos por nivel.  Durante estas dúas horas 80 minutos están adicados á clase e os 40 restantes á práctica do que se aprendeu.

O prezo é de 15,35 euros ao día para abonados e de 18,35 euros ao día para os que non son socios de Máis que Auga.  Se xogas ao pádel pero non es socio de Máis que Auga o Clinic é un bo momento para que probes as nosas pistas de pádel, as mellores de Vigo. Pero o máis importante é que podes perfeccionar o teu  xogo cos mellores adestradores xa que contamos cun equipo ao máis alto nivel.

Para inscribirte prema neste botón: