Anula online a túa reserva de pista de pádel, se non vas usala

19/05/2016

Máis que Auga segue ampliando os servizos da súa páxina web como ferramenta para facilitar as xestións dos nosos usuarios. Todos os nosos abonados, e especialmente os usuarios das nosas pistas de pádel, xa poden anular unha reserva a través da nosa páxina, en tan só tres clicks. Accedendo á área de socio ou de reservas, na pestana da “miña conta”, reservas  e anular a reserva en cuestión. As anulacións só se poderán realizar, como moi tarde, 24 horas antes da hora reservada.

Anular unha reserva que non vas usar, permite utilizar a pista a outros xogadores e evitarache abonar un pago extra de 5 euros. Desde o 1 de xuño, todos os xogadores que reserven unha pista de pádel gratuíta e non asistan, veranse penalizados cunha sanción de 5 euros que abonarán na seguinte ocasión que accedan ao centro no que tiñan a reserva. Trátase dunha situación que vimos observando e que vós nos pedistes que solucionemos.

As reservas non gratuítas, canceladas en prazo, cuxo importe estea pendente, será eliminado. Se xa o abonaches, quedará á túa disposición para unha reserva futura. Poderalo comprobar no apartado de “diñeiro a conta” da área de socio, no apartado de “a miña conta”.

A asistencia á zona de pádel contrólase chequeando a pulseira ou o carné de acceso da entrada ás pistas de pádel cun lector de proximidade. Se non dispós del, podes solicitalo xa no teu centro. E se non es abonado de Máis que Auga nin cursillista, cando teñas unha pista reservada deberás pasar por recepción para identificarte.

É importante que cando non vaias utilizar unha pista anules a reserva dentro dos prazos establecidos xa que hai unha gran demanda deste servizo. Así permitirás que outras persoas poidan utilizala no teu lugar.

Calquera dúbida pódela aclarar nas recepcións dos nosos centros.