Antonio Serrat: “Hai que desfrutar co que fas”

16/04/2017

O triatleta vigués, Antonio Serrat, é un dos nosos deportistas de élite ao que temos a satisfacción de apoiar e ver adestrar nas instalacións de Máis que Auga.  Prácticamente recuperado da caída que sufríu na Copa de Europa das Palmas, agora céntrase en preparar a  tempada que ten por diante.

Qué retos tes marcados para esta tempada 2017?

A Copa de Europa das Palmas era unha proba moi importante porque abría as portas a competicións de máis nivel. Ao non poder finalizala por culpa da caída non puden cumprir os criterios que pedía a Federación nesa proba.  Agora o calendario de carreiras está no aire e non sei a cales vou ter a oportunidade de ir, pero queda moita tempada por diante e moitas competicións. Ao estar na categoría sub23 unha das miñas metas é estar de novo no campionato europeo e  no mundial. Conseguilo vai ser duro pero hai que pelealo.

Cómo fas para manter a túa  disciplina?

O segredo é moi sinxelo: desfrutar co que fas. É difícil levantarse o día que estás canso e que non che apetece facer nada, pero hai que pensar que non es o único que tes problema na vida así que te levantas e o fas o mellor posible. Hai que aceptar que si un día tes que saír a adestrar aínda que esteas cansado, saes.  O importante e saber por qué fas o que fas, cal é a finalidade.

Qué consellos lle darías á xente que pensa que non é quen de cumprir os retos que se marca?

O primeiro de todo, que se poñan unha meta alcanzable, aínda que sexa difícil. Despois, fixar prazos doados para ir adestrando e acadando obxectivos. Así, pouco a puco se irá achegando á meta final. A constancia é fundamental.

Cal é a túa rutina de adestramento?

Os adestramentos cambian moito en función da tempada ou da proximidade dunha competición. Pero o día a día é moi semellante: adestrar mañá e tarde. Normalmente empezo nadando e despois saio en bici, corro ou adestro no  ximnasio. O adestramento da tarde depende do que teña feito pola maña: corro ou fago unha transición bici e carreira.  O adestrador é quen marca o programa en función de cómo me atope ou do que eu mesmo pense que me pode vir mellor.

Qué che aporta Máis que Auga aos teus adestramentos?

O feito de saber que hai unha gran empresa apoiándote date moita forza para seguir traballando e esforzándote. Poder usas as súas instalacións é un luxo: na piscina podo realizar os meus adestramentos de natación perfectamente, na sala fitness con todas as súas maquinas e instrumento non só adestro senon que tamén podo previr lesióna. O spa é o remate perfecto para un día duro de adestramento coa sua piscina de chorros, o jacuzzi, a sauna…un luxo.