Dos técnicos de un gimnasio de Vigo entregando un obsequio a una embarazada

Agasallo por ser unha nai Máis que Auga

16/12/2016

En Máis que Auga só hai un momento no que estamos encantados de dar de baixa a un usuario: cando unha futura nai deixa as instalación porque vai dar a luz. Gracias á colaboración da empresa Lets Familly agora temos un motivo máis para alegrarnos cando chega este momento: entregámoslle unha caixiña de agasallo con diferentes productos que lle virán moi ben cando naza o seu bebé.

Pero non só temos agasallo para as que se dan de baixa: no momento en que unha embarazada se apunta ás nosas clases recibe unha destas caixiñas de benvida, a segunda caixiña chega no momento da baixa e hai unha terceira para cando o bebé cumpre seis meses.

Elena Gainzarain, alumna de Fitmom en Máis que Auga Navia é a primeira das nosas usuarias que recibe este agasallo para cando chegue ao mundo a pequena Catalina. Desexámoslle toda a felicidade e agardamos velas moi pronto ás dúas por Máis que Auga!