Goza ao teu aire

Para aqueles que só queren gozar da auga, nadando cada un ao seu ritmo, ou relaxándose no spa urbano.

Actividades

  • NATACIÓN ESCOLAR. Organizadas polas ANPAS dos centros escolares.

CURSO DE PAGO MENSUAL – 1 día á semana.

 

  • ESCOLA DE ACTIVIDADES ACUÁTICAS.

CURSOS DE PAGO MENSUAL –  1 ou 2 días á semana.

diving

NIVEIS


BEBÉS

De 6 meses a 2 anos.
Acompañados por un adulto. Programa para favorecer o desenvolvemento evolutivo do bebé, mediante a práctica da actividade acuática.

MIÑOCA

3 anos.
Traballamos principalmente flotación, respiración e iniciamos desprazamentos. Non saben nadar.

TARTARUGA

De 4 a 6 anos e de 7 a 11 anos.
Comezamos a traballar desprazamentos e mergullos. Nenos que saben flotar e nadar lixeiramente.

CALAMAR

De 4 a 6 anos e de 7 a 11 anos.
Traballamos a propulsión dorsal e ventral e as inmersións. Son nenos que saben nadar e desprazarse pero sen estilo.

XURELO

De 7 a 11 anos e de 12 a 14 anos.
Os/as nenos/as saben nadar a crol e de costas, así como mergullar media piscina. Ademáis están aprendendo a xogar ao waterpolo.

CACHALOTE

De 7 a 11 anos e de 12 a 14 anos.
Traballamos os estilos de crol, costas e braza. Os nenos saben saltar de cabeza e mergullarse; completan a súa formación en water-polo e inícianse na natación sincronizada.

GOLFIÑO

De 12 a 14 anos.
Perfeccionamento dos estilos crol, costas, braza e iniciación ao estilo bolboreta. Perfeccionamento das habilidades acuáticas do water-polo, natación sincronizada e iniciación ao salvamento acuático.

ESCUALO

De 15 a 16 anos.
Perfeccionamento de todos os estilos de natación, de todas a habilidades acuáticas de water-polo, natación sincronizada e salvamento. Introdución ao R.C.P. (reanimación cardiopulmonar) e traballos de preparación física.


Actividades

CURSOS DE PAGO MENSUAL – 1 ou 2 días á semana

NATACIÓN


DESCOBRE

Para persoas que non saben desprazarse na auga.
Non saben nadar.
En piscina pequena.

PROGRESA

Para persoas que saben flotar e desprazarse.
Piscina de 25 metros e piscina pequena.

PERFECCIONA

Para persoas que se desprazan con facilidade na auga, pero pretenden mellorar a súa técnica.
Piscina de 25 metros.

MASTER

Para aqueles que dominan os estilos de crol e costas, ao menos.
Poden iniciarse en braza e volvoreta.
Piscina de 25 metros.


  • icon

    AQUAGYM

    Actividade aeróbica que se desenvolve no medio acuático con soporte musical.

  • icon

    AQUAPOWER

    Actividade aeróbica que se desenvolve no medio acuático con soporte musical, máis intenso. Algunhas clases terán lugar na piscina máis profunda.

  • icon

    ACTIVIDADE ACUÁTICA FUNCIONAL

    Programa dirixido por licenciados en Ciencia da Actividade Física e Deporte. Adáptase o traballo á patoloxía ou lesión do usuario. Non é unha clase de rehabilitación, pero si de mellora da saúde e da condición física. En piscina pouco profunda.

  • icon

    ACTIVIDADE FÍSICA NA AUGA

    Actividade dirixida a persoas de máis de 60 anos. Combínanse exercicios aeróbicos, con tarefas de tonificación, coordinación e flexibilidade.

  • icon

    EMBARAZAUGA

    Pre-post parto. Programa dirixido a mulleres durante a xestación e os meses posteriores ao parto. Dende o terceiro mes de xestación ao oitavo (pre-parto) e do terceiro ao sexto (post-parto).

MQAQUATRAINING

Circuíto de forza, resistencia e traballo aeróbico, que combina actividades dentro da auga con outras que se realizan fóra.

MQAQUAFAMILY

Actividade física na auga para as familias, onde pais/nais e fillos (máis de 8 anos) poidan realizar exercicio físico dende un punto de vista lúdico, dirixidos por un monitor.

MQFESTIFAMILY

Actividade lúdica para a familia (con nenos de máis de 4 anos), dirixida por un monitor/a con elementos inchables e de xogo na piscina mediana.

AQUAPARTY

Horarios e rúas habilitadas na piscina durante a fin de semana, para que as familias e nenos maiores de 10 anos poidan xogar de forma libre con material lúdico. Sen monitor.


 

Libre acceso para socios.