Actívate cos cursos de Máis que Auga!

24/08/2018

Comezar o curso con deporte e sáude é o mellor para pequenos e maiores, como van facer 10.000 usuarios de Máis que Auga a partir do 1 de setembro. Todos os centros de Máis que Auga dispoñen de cursos de auga, actividades dirixidas en seco e cursos de pádel (estes últimos só en Barreiro e Navia), tanto para nenos como para adultos.

Non perdas a oportunidade de activarte con nós para dicir adeus ao verán da mellor maneira posible: con deporte e saúde. Aínda quedan prazas dispoñibles, pero se desexas inscribirte recomendamos que non o deixes para última hora, porque son limitadas.

Os nosos grupos son reducidos e están adaptados a diferentes niveis de actividade. Ademáis, Máis que Auga conta con técnicos titulados e con experiencia que ofrecen un ensino individualizado e progresións metodolóxicas de éxito.

Escola de actividades acuáticas para nenos

Para aprender a nadar ou perfeccionar o estilo de natación, Máis que Auga conta con oito niveis de actividades acuáticas por rangos de idade, para menores dende os 6 meses ata os 16 anos. Flotación, mergullos, estilos de crol, bolboreta, water-polo e ata salvamento. Por niveis e idades, convertemos aos máis pequenos en tartarugas, xurelos, golfiños ou escualos!

Actividades acuáticas para adultos

Se es maior de idade, e tanto se non sabes nadar como se desexas mellorar en natación e forma física, podes asistir aos cursos de natación para distintos niveis e practicar as actividades acuáticas de Máis que Auga, que inclúen Aquagym, Zumbauga ou un programa pre-post parto para as mulleres.

Consulta toda a información sobre os cursos de auga aquí.

Actividades dirixidas en seco

As clases, de 45 minutos, contan sempre cun monitor cualificado e abarcan unha gran variedade de actividades. Podes aprender zumba, MQ Pre-pilates, MQ Bike, MQ Body Cross, MQ Core… Hai máis de 24 modalidades diferentes a elixir! Como novidade, a partir do 3 de setembro incorpóranse as actividades de body pump e body combat, baseadas no método Les Mills. Ademáis, os máis pequenos poderán practicar actividades infantís de karate, MQ zumba, ioga, pilates e MQ Wodfit.

Consulta aquí toda a información sobre as actividades dirixidas en seco.

Academia de pádel

Máis que Auga conta actualmente con dous complexos de pádel, situados en Barreiro e Navia, cun total de 16 pistas dobres, individuais, cubertas e descubertas. As actividades, adaptadas a todo tipo de alumnos, baséanse na metodoloxía Globalpádel, caracterizadas por adestradores profesionais, programación adaptada e outras actividades complementarias, como partidos, competicións ou equipos deportivos.

Podes atopar aquí toda a información sobre a academia de pádel de Máis que Auga.

Non o penses máis e actívate xa cos cursos de Máis que Auga!