Aberta a inscrición para o Campionato de Pádel Concello de Vigo que se celebra en Máis que Auga

As instalacións de Máis que Auga acollen, un ano máis, o Campionato de Pádel Concello de Vigo – Pérez Rumbao Car, o máis importante dos celebrados no sur de Galicia, que este 2016 cumpre a súa cuarta edición. O torneo desenvolverase do 1 ao 10 de xullo nas pistas de pádel de Barreiro e Navia, baixo a organización do Club Pádel Barreiro.

Nesta edición agardase superar a cifra de 500 participantes, casi 80 máis que o pasado ano, o que o coloca como referencia deste deporte e a cita máis destacada do verán, na que poden participar xogadores de todos os niveis, desde federación a iniciación.

A competición divídese en proba masculina (de primeira, segunda, terceira e cuarta categoría), feminina, mixta  (primeira, segunda e terceira categoría) e menores (prebenxamín, infantil, cadete e xunior). Un xogador pode competir nun máximo de tres probas.

Os encontros son ao mellor de tres sets con tie-break en todos eles. Os de consolación xóganse con supertiebreak.

Inscricións abertas

As inscricións para participar xa están abertas e o custo das mesmas é de 15 euros por participante e categoría. Para a segunda inscrición e a categoría de menores, o prezo redúcese a 12 euros.  O pago realízase en efectivo antes do comezo do primeiro encontro. O prazo para inscribirse finaliza o 27 de xuño. A partir dese momento publicarase, na web  de Máis que Auga, o cadro de partidos e horarios.

Pódense realizar a través da web www.máisqueauga.com na sección pádel e no cadro de competición. Ou directamente a través deste botón