Aberta a inscrición para a liga de menores da Academia de Pádel

02/01/2017

O 15 e o 22 de xaneiro celébrase a segunda  proba da liga de menores da Academia de Pádel Máis que Auga e tes ata o 13 de xaneiro para apuntarte: podes inscribir ao teu fillo nos nosos centros Máis que Auga de Barreiro e Navia. Na Academia de Pádel sabemos que aos alumnos máis pequenos lles encanta xogar  e por eso organizamos esta liga que na pasada temporada contou con 450 participantes. Somos o único clube de pádel de Vigo que organiza unha liga de menores para xogadores de 7 a 16 anos

A proba se celebra nas pistas de Barreiro e os nenos xogan durante hora e media partidos adaptados a súa idade, categoría e segundo o número de participantes. Os xogadores que xa se inscribiron na primeira proba non é preciso que volvan a inscribirse. A inscrición na liga queda formalizada cando se faga o pago.

As tarifas para catro probas por categoría e liga completa son as seguintes: 4 € para abonados, 8 €  para alumnos de pádel e 16 € para xogadores externos.