A Liga de Pádel Máis que Auga comeza xa!

24/10/2016

A Academia de Pádel pon en marcha unha tempada máis a Liga de Pádel Máis que Auga:  unha das ligas  máis importantes de Galicia. O prazo de inscrición está aberto ata o 7 de novembro. O inicio da liga é o 10 de novembro. A liga desenvolverase  ata febreiro, mes no que se coñecerán os gañadores desta competición.  Os datos confirman que as nosas instalacións son un referente deste deporte na  nosa cidade e na comunidade galega: o ano pasado participaron 450 xogadores.

Máis que Auga ven de facer un forte investimento renovando as pistas 4,5 e 6 de Barreiro para ter todas as pistas coa máxima calidade. As oito pistas de Barreiro e as oito de Navia están consideradas polos nosos usuarios as mellores de Vigo.

O bo momento polo que pasa esta especialidade deportiva nos nosos centros Máis que Auga confírmase cos 700 alumnos que asisten ás clases  de pádel, novo teito desta academia que non para de medrar.

Como referencia, o principal club de España de pádel, Ciudad de la Raqueta en Madrid, con 28 pistas, ten 950 alumnos.

Máis de dúas mil persoas participan a diario nalgunha  das actividades que ofrece a Academia de Pádel, xestionadas por 13 adestradores: grupo de whatsapp, circuito de menores, ligas, torneos e a  academia da aprendizaxe e perfeccionamento.

En Máis que Auga se practica pádel dende as 7.00 horas ás  23.00 horas, de luns a venres; de  9.00 horas a 20.30 horas os sábados;  e de 9.00 horas a 14.30 horas os domingos. Nas nosas instalacións, as máis modernas de Vigo,  dispútanse os principais torneos locais e pronviciais.

Se queres inscribire na Liga de Pádel Máis que Auga podes facelo aquí: