A Liga Campións de pádel chega a Máis que Auga

A Academia de Pádel Máis que Auga  abre o prazo de inscrición (ata o 24 de abril)  para a Liga  Campións que se desenvolve durante os meses de maio e xuño.  A competición está dirixida a xogadores afeccionados calquera que sexa o seu nivel e cor de pa. A liga está aberta tanto a socios de Máis que Auga como a aqueles que aínda non o son.

A Liga Campións desenvólveses en  dúas fases:

  • Do 26 ao 31de maio:  a primeira e segunda parella de cada grupo se clasifica para o cuarto principal na segunda fase
  • Do 5 ao 25 de xuño: fase eliminatoria  na que  os terceiros e cuartos clasificados disputan o cadro de consolación.

En canto aos prezos son os seguintes:

  • Abonados: 6 euros
  • Cursillistas: 9 euros
  • Externos: 16 euros

Nesta competición hai categorías masculina, feminina, mixta e individual en horarios de mañá e as prazas están limintaas a 32 parellas por nivel. As inscricións son só vía web e o pago realízase nas recepcións de Barreiro e Navia. Se tes calquera dúbida ou precisas máis información podes escribir a padel@maisqueauga.com ou chamar ao teléfono 699 734 200. Inscríbete xa premando aquí: