A Academia de Pádel xunta 400 xogadores na súa liga

18/04/2016

A Academia de Pádel Máis que Auga vive o seu mellor momento desde a súa creación. Acaba de por en marcha a súa Liga Deportes Carlos Miguel coa inscrición récord de 400 xogadores e xogadoras, case o dobre que a anterior edición, na que participaron 210 raquetas. Os datos confirman as nosas instalacións como referente deste deporte, non solo na cidade, se non en toda Galicia.

As 16 pistas que temos en Máis que Auga, Barreiro (8) e Navia (8), son calificadas por moitos xogadores como as mellores da cidade. A competición dos  400 participantes da liga deste ano se desenvolverá durante tres meses. Na última quincena de xuño coñeceranse aos gañadores finais.

O bo momento desta especialidade deportiva nos nosos centros Máis que Auga reafirmase tamén nos 700 alumnos que asisten as clases de pádel, novo teito desta academia que non para de medrar. Como referencia, o principal clube de España de pádel, Ciudad de la Raqueta en Madrid, con 28 pistas, ten 950 alumnos.

Os dez monitores da Academia de Pádel Máis que Auga xestionan unha actividade na que unhas mil persoas participan a diario nalgunha das actividades que oferta: grupo de wasap, circuíto para menores, ligas e torneos e a academia da aprendizaxe e perfeccionamento. En Máis que Auga practicase pádel desde a 7.00 horas ás 23.00 horas, de luns a venres; de  9.00 horas a 20.30 horas os sábados;  e de 9.00 horas a 14.30 horas os domingos. Nas súas instalacións, as máis modernas de Vigo, celébranse os principais torneos locais e provinciais.