A Academia de Pádel Máis que Auga, a maior de Galicia

27/12/2015

A Academia de Pádel Máis que Auga, que comezou a dar os primeiros pasos esta tempada, converteuse xa na academia galega con máis alumnos, cun total de 563, dos cales case douscentos (193) son rapazas e rapaces menores de idade.

Máis que Auga deu un  paso adiante, convertendo a escola de pádel nunha academia cun completo equipo de monitores, para ofrecer o mellor sistema de aprendizaxe aos seus alumnos. Os nosos profesores utilizan a nova metodoloxía de traballo padelglobal e todos seguen a mesma programación e método de traballo, o que permite manter a mesma clase independentemente do técnico que a imparta.

A Academia é para todas as idades (a partir de 4 anos) e todos os niveis (7 en total). A aprendizaxe e mellora do pádel inclúe actividades complementarias á formación para que os xogadores se divirtan coa participación en competicións (Liga, circuíto de menores, torneos…).

Queres aprender a xogar ao pádel?