Xa somos 16.000 socios, agardamos por ti!

04/09/2015

Máis que Auga está a piques de iniciar a tempada 2015/16 con 16.000 socios e coa apertura na segunda quincena deste mes das novas instalacións de Navia, nas que xa de deron de alta 4.000 socios. Se queres excelentes instalacións e actividades a bo prezo, agardamos a que te inscribas en calquera dos tres centros Máis que Auga de Vigo. En Navia, aínda antes da sua apertura, podes visitala e facelo na oficina de atención ao cliente ou a través desta web. En Barreiro ou Coia te atenderemos como sempre. Podes usar ou abonarte en calquera das nosas instalacións ou por esta web.

Temos 28.000 metros cadrados de instalacións deportivas e 110 profesionais agardando por ti, para axudarte a poñerte en forma, divertirte e facer unha vida máis saudable. Sabes que podes practicar deporte individualmente, asesorado ou nalgunha das nosas clases e cursos de luns a domingo.

Máis que Auga conta con diferentes modalidades de socios co obxectivo de cubrir a todos os públicos e necesidades. A tarifa máis baixa está nos 19 euros (matinal, fin de semana e discapacitado), mentres que a premium é de 35 euros e da acceso aos tres centros de Máis que Auga, ademais de incluír pádel de balde de luns a venres de 7.00 h a 17.00 horas.

Máis que Auga conta con tres centros deportivos en Vigo (Coia, Barreiro e Navia) e en todos eles podes encontrar sala fitness, piscinas, spa e unha ampla variedade de actividades dirixidas polos nosos profesionais, ademais de dous complexos de pádel en Barreiro e Coia.  Achégate a coñecer as nosas instalacións e os nosos servizos… pensados para ti!