Máis que Auga actualiza, a partir do día 1 de setembro, as tarifas de dúas modalidades (xove e familiar titular) e varios cursos en Barreiro e Coia ao Índice de Prezos ao Consumo (IPC) do 2014, que aínda non se aplicara.
As tarifas de Máis que Auga están establecidas no contrato da concesión municipal e no mesmo tamén se regulan as subas do IPC. O pasado ano o Concello de Vigo aprobou a actualización do IPC interanual do período abril de 2012-abril do 2014 (1,8%). Máis que Auga decidiu só actualizar o IPC en algunhas das tarifas en setembro do 2014 e agora, un ano máis tarde, procederá a facelo nas dúas que quedaban pendentes. Máis que Auga mantivo as tarifas sen variación desde o ano 2012.
Máis que Auga conta cun abano de tarifas moi variado e axeitado as necesidades e petos dos usuarios. As modalidades máis baixas son a matinal e discapacitado, cun custe de 18,20 euros/mes.
Queres coñecer todas as tarifas?
Queres saber as vantaxes de ser socio?