Máis de duascentas parellas participan no III Torneo de Pádel Cidade de Vigo

07/07/2015

Máis de duascentas parellas participan no III Torneo de Pádel Cidade de Vigo, que se está a celebrar entre os días 3 e 11 de xullo  no complexo de pádel de Máis que Auga en Barreiro.

Na roda de prensa para presentar a III edición do Torneo de Pádel Concello de Vigo quedou destacado o tirón dun deporte que Máis que Auga ten entre os seus sinais de identidade. Así o destacaba o director de Máis que Auga, Fran Cortegoso, que compareceu ante os medios xunto ao concelleiro de Deportes do Concello de Vigo, Manel Fernández; o presidente do Club de Pádel Barreiro, Antonio Amaro; e o director do torneo, Xoel Tejo.

O evento deportivo rompe récords ano tras ano, como destacou o concelleiro Manel Fernández. Se no primeiro torneo batéronse récords de inscricións, este ano, coa cifra consolidada de máis de 200 parellas (catrocentos participantes), o máis destacado é o incremento do número de deportistas federados que chega a case un 25% do total.

“É o torneo de referencia no sur de Galicia”, como explicou Antono Amaro. E para o vindeiro ano mellorará coa entrada en servizo das instalacións de Navia.

Unha nova ocasión de colaborar ofrecendo ese plus de dinamización social e deportiva que nos define e polo que apostamos con Máis que Plan.