28 de maio, clase especial de hipopresivos en Barreiro

24/05/2016

¿Coñeces os exercicios hipopresivos? O próximo sábado 28 de maio teremos en  Máis que Auga Barreiro unha clase especial na que descubrirás unha nova forma de cuidar o teu corpo.

As técnicas hipopresivas consisten en exercicios posturales e respiratorios que achegan múltiples beneficios e melloras na saúde, no rendemento deportivo e estéticas. Os exercicios reducen as dores de costas, aumentan a capacidade respiratoria, melloran a postura do corpo e tamén permiten reducir a cintura.

Para esta  clase especial de exercicios hipopresivos contaremos coa participación da monitora Eva Sánchez e da fisioterapeuta de Máis que Auga Navia, Natalia de Bourbón.

Todas as persoas interesadas en asistir poden inscribirse na recepción do centro de Barreiro. Hai 30 prazas dispoñibles.

  • Onde: Máis que Auga Barreiro
  • Cando: sábado 28 de maio ás 11:00 horas
  • Custe: 2 euros socios, 4 euros non socios
  • Pago: Na recepción de Barreiro