220 xogadores estrean as 8 pistas de pádel de Máis que Auga en Navia

20/05/2015

220 xogadoras e xogadores de tódalas idades e centos de asistentes participaron na estrea das 8 pistas de pádel das novas instalacións que Máis que Auga está a construir no barrio vigués de Navia. Esta “Festa do Pádel” serviu para facer unha proba das pistas e coñecer as opinións dos usuarios sobre as mesmas, pero a apertura do centro deportivo está prevista para despois do verán.

_39B4650A festa solidaria de Máis que Auga de Navia adicou o torneo de pádel ao Banco de Alimentos de Vigo, ao que se lle entregarán os máis de 500 quilogramos de alimentos recollidos grazas a solidariedade dos asistentes. Esta fin de semana máis de douscentos deportistas participaron en mini-torneos para todas as categorías e niveis, nos que o custe da inscrición era de un quilogramo de comida non perecedeira para o Banco de Alimentos.

Durante estes dous días, xunto á competición houbo unha pista aberta con monitores para aquelas persoas que se achegaron ata Navia co desexo de iniciarse no pádel. O torneo permitiu o contacto cos clientes e futuros usuarios interesados en coñecer o novo complexo deportivo, grazas a un punto informativo que estaba instalado a carón das pistas.

Máis que Auga Navia será o centro deportivo privado máis grande de Vigo, con aparcamento para socios, 8 pistas de pádel cubertas e panorámicas, sala de fitness de 1.000 metros cadrados, salas de actividades, zona de lecer infantil, cafetería… Con esta actividade estréase o complexo de pádel, pero para a apertura do centro haberá que esperar ata despois do verán.